Thursday 02 de May de 2024

2ª xornada da FASE CLASIFICATORIA DA CATEGORÍA INFANTIL para o CPTO. PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA INDIVIDUAL


O sábado, 6 de maio, terá lugar no Estadio da Alta, na Pobra do Caramiñal, a 2ª xornada da FASE CLASIFICATORIA DA CATEGORÍA INFANTIL para o CPTO. PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA INDIVIDUAL .
Participarán na categoría infantil clubes e colexios da zona da Costa da Morte, Muros – Noia, Santiago – Cerceda e Barbanza. Estímase que participarán arredor de 400 atletas.
Esta actividade está dentro do programa XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O día 20 de maio, terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO en PISTA INDIVIDUAL, que tamén terá lugar no Estadio da Alta.
Para o Campionato Provincial as categorías Benxamín, Alevín, Infantil (masculino e feminino), clasificaranse as 16 mellores marcas da totalidade de probas realizadas nas fases previas.
As inscricións realizaránse a través do sistema on-line da Federación Galega.
Participarán arredor de 540 participantes de toda a provincia da Coruña.
Estas actividades están organizadas por a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, dende a súa delegación en Santiago e a colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e op Concello da Pobra do Caramiñal.